Novas

Inicio » Novas » A Policía Local localiza o condutor que presuntamente se deu á fuga o pasado domingo tras un atropelo na avenida de Castelao

A Policía Local localiza o condutor que presuntamente se deu á fuga o pasado domingo tras un atropelo na avenida de Castelao

30/07/2019

A Policía Local de Santiago conseguiu localizar o condutor que presuntamente na tarde do pasado domingo se dera á fuga tras atropelar a unha persoa nun paso de peóns na avenida de Castelao.



Malia que só se dispoñía dun número incompleto da matrícula do coche fugado, as pescudas realizadas levaron á Policía Local á localización do vehículo e á identificación do presunto condutor. Despois disto, o equipo de atestados e investigación de accidentes da Policía Local instruíu as correspondentes dilixencias para a súa remisión ao xulgado.







Compartir: