Novas

Inicio » Novas » A Policía Local detectou 14 positivos na campaña de control de alcoholemia da semana pasada

A Policía Local detectou 14 positivos na campaña de control de alcoholemia da semana pasada

20/12/2016

A Policía Local efectuou 860 controis de alcoholemia na campaña que desenvolveu en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico do 12 ao 18 de decembro. Nelas detectáronse 14 positivos, un 1,63% do total das probas realizadas. Destes resultados positivos, 9 deron pé a unha denuncia administrativa.



O 78,57% dos condutores que deron positivo foron homes, e o 21,43% mulleres. Por idades, o tramo no que se concentraron máis positivos foi no que vai dos 30 aos 39 anos, ao que corresponden o 42,86% dos positivos. O 28,57% tiñan de 18 a 29 anos; o 21,43% entre 40 e 49; e o 7% entre 50 e 59 anos.

Na campaña en colaboración coa DXT, a Policía Local tamén realizou 29 probas de consumo de drogas, das que catro foron positivas e traducíronse nunha denuncia administrativa. Todos os positivos foron homes, de entre 18 e 29 anos.

Transporte escolar e menores
A Policía Local tamén desenvolveu unha campaña de vixilancia e control de transporte escolar e menores, desta vez en colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade. As inspeccións fixéronse do 28 de novembro ao 2 de decembro, e controláronse 59 autobuses.

Nos controis detectáronse 12 infraccións: seis foron denuncias leves relativas ás condicións dos vehículos, e outras seis foron por realizar o transporte público de escolares carecendo de autorización específica.







Compartir: