Maximino Viaño noutro instituto.

O Departamento de Educación Viaria da Policía Local leva a campaña "Ti controlas, ti decides" ás aulas de Bacharelato

"Ti controlas, ti decides" é o lema da campaña que o Departamento de Educación Viaria da Policía Local está levando ás aulas 1º de Bacharelato dos institutos da cidade durante este mes de xaneiro. A actividade está deseñada especificamente para estes mozos e mozas, próximos/as á idade de obtención do carné de conducir, proporcionándolles información de primeira man sobre as causas polas que se producen os accidentes de tráfico, os factores que interveñen e as súas consecuencias.

Ler máis

Policía Local e Garda Civil realizaron 359 probas de alcoholemia e drogas na mañá do 1 de xaneiro, co resultado de 15 positivos

Continúa a colaboración entre a Policía Local e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Santiago de Compostela na realización de controis preventivos de alcoholemia e drogas. Nun dispositivo conxunto, desta vez axentes de ambos corpos realizaron 359 probas entre as 7:00 e as 12:00 horas do mércores 1 de xaneiro.

Ler máis

A Policía Local realizou 834 probas de alcohol e drogas a pasada semana, cun resultado de 16 positivos

Durante a pasada semana, do 9 ao 15 de decembro, a Policía Local adheriuse á campaña de vixilancia e control da taxa de alcohol e outras drogas promovida pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Os/as axentes realizaron 834 probas, cun resultado final de 16 positivos.

Ler máis
Vista do circuíto preparado na planta.

A Policía Local compartiu unha xornada de educación viaria e de lecer cos nenos e nenas da planta de Pediatría do CHUS

Con motivo das festas de Nadal, integrantes do Departamento de Educación Viaria da Policía Local desprazáronse ata a planta de Pediatría do CHUS, para pasar unha xornada cos nenos e nenas alí ingresados/as e as súas familias.

Ler máis

Policía Local e Garda Civil realizaron 260 probas de alcoholemia e drogas na noite do 6 de decembro, con oito positivos

Na noite do 6 de decembro, nun dispositivo conxunto, a Policía Local e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Santiago de Compostela realizaron probas de alcoholemia e drogas en varias localizacións da cidade. Estes controis teñen un fin preventivo e os dous corpos continuarán a súa colaboración nesta materia.

Ler máis