A Policía Local lanza un vídeo de alento e de agradecemento á cidadanía

A Policía Local de Santiago acaba de lanzar un vídeo dando ánimos á cidadanía nestes momentos de crise sanitaria. O vídeo serve tamén de agradecemento á veciñanza de Compostela polo seu comportamento durante o estado de alarma.

Ler máis

A redución do tráfico na cidade alcanzou case o 80% este pasado luns

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, vén de "valorar e agradecer" o comportamento que está tendo a cidadanía no cumprimento das medidas de confinamento do estado de alarma. Unha cifra que constata este cumprimento é a redución do tráfico, que este luns 31 alcanzou un 78%.

Ler máis

A Policía Local tramitou ata agora 53 propostas de sanción por incumprimento das medidas do actual estado de alarma

Dende o pasado 16 de marzo e ata onte luns, a Policía Local realizou 53 propostas de sanción por incumprimento das condicións de mobilidade establecidas polo Real Decreto 463/2020, polo que se establece o estado de alarma. Estas persoas sancionadas enfróntanse a multas que van dende os 601 aos 30.000 euros, por infraccións graves da Lei de Seguridade Cidadá.

Ler máis
Vista do Parque de Educación Viaria.

Máis de 1.400 escolares pasarán polo Parque de Educación Viaria de Amio durante marzo e abril

O Parque de Educación Viaria instalado no recinto feiral de Amio recibirá nestes meses de marzo e abril a visita de 1.450 alumnos/as de 25 centros educativos de Compostela. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e os concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e de Educación, Noa Díaz, visitaron esta mañá unha destas sesións prácticas nas instalacións.

Ler máis
Outro dos dispositivos conxuntos.

Policía Local, Garda Civil e CNP realizaron durante a pasada semana máis de 500 probas de alcoholemia e drogas, con 12 positivos

Ao longo desta pasada semana, a Policía Local realizou controis preventivos de alcohol e drogas en varios puntos do municipio, algúns en colaboración coa Agrupación de Tráfico da Garda Civil e outros co Corpo Nacional de Policía.

Ler máis