O expediente iníciase mediante o boletín de denuncia.
Órgano instrutor: a unidade de sancións do Departamento de Tráfico do Concello de Santiago de Compostela.
Autoridade sancionadora: o concelleiro de Tráfico, por delegación do alcalde do Concello.
Forma de pagamento: poderase pagar voluntariamente a multa no prazo de 20 días naturais a partir da recepción da notificación da denuncia. De acordo co artigo 80 da Lei de seguridade viaria, con este pagamento voluntario obterá a redución do 50% do importe da sanción. O pagamento con esta reducción implica a renuncia a formular alegacións e remata o procedemento.
Onde se pode realizar o pagamento?:
Abreviado.- Notificada a denuncia, o denunciado dispón dun prazo de vinte días naturais para realizar o pagamento voluntario con redución da sanción. Unha vez realizado este pagamento voluntario terase por concluído o procedemento sancionador. Isto implica, entre outras, as seguintes consecuencias: a redución do 50 por cento do importe da sanción, a renuncia a formular alegacións, a finalización do procedemento o día en que se realice efectúe este pagamento e o el pago o el remate da vía administrativa, sendo recorrible unicamente perante a orde xurisdicional contencioso-administrativa.
Ordinario.- Notificada a denuncia, a persoa interesada dispón dun prazo de vinte días naturais para formular alegacións.
20 días naturais a partir da notificación da denuncia, mediante escrito que poderá presentar nas oficinas de Rexistro do Concello ou mediante calquera outro dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992 do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Se a persoa denunciada non formula alegacións nin aboa o importe da multa no prazo dos vinte días naturais seguintes ao da notificación da denuncia, esta producirá o efecto do acto resolutorio do procedemento sancionador. Nese suposto, a sanción poderá executarse transcorridos trinta días naturais desde a súa notificación.