Proceso para a recuperación do seu vehículo do depósito municipal

Inicio » Atención cidadá » Trámites administrativos » Proceso para a recuperación do seu...
Proceso para a recuperación do seu vehículo do depósito municipal

Se vostede é cidadán español: pode dirixirse directamente ás dependencias do depósito municipal de vehículos para retirar o seu vehículo logo do pagamento do importe do servizo de retirada. Deberá presentar a documentación que acredite a titularidade do vehículo e o seu permiso de conducir. 

Se vostede é cidadán estranxeiro ou non pode acreditar residencia en territorio español deberá:

  • Aboar o importe da multa nas dependencias da Policía Local antes de acudir a retirar o seu vehículo.
  • Dirixirse, posteriormente, ás dependencias do depósito municipal de vehículos (situado na rúa de Castela e León, nº 2, no polígono de Costa Vella, Tel.: 981 582 220, atención 24 horas), onde deberá aboar o importe do servizo de retirada do seu vehículo.
  • Ademais necesitará presentar a documentación da titularidade do vehículo, o seu permiso de conducir acompañado do seu NIE e acreditar a póliza de seguro en vigor. 



Ligazóns



Compartir: