Tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidades: É a autorización expedida polo Concello para que os residentes empadroados en Santiago de Compostela poidan estacionar en prazas de aparcadoiro identificadas con reserva para persoas con problemas de mobilidade física.
Tarxetas de acceso a zona monumental: Son autorizacións expedidas polo Concello para que os cidadáns, que cumpran os requisitos de residencia, razóns comerciais ou asistenciais poidan acceder a determinadas rúas da zona monumental ou estacionar nos horarios delimitados, na zona que lle corresponda. Nas rúas con entradas reguladas por bolardos electrónicos o acceso realizarase con tarxeta magnética.
Vía pública
Ocupación de vía pública para actividades: Para a realización de actividades na vía pública que supoñen a ocupación do dominio público debe solicitarse autorización.
Ocupación de vía pública con elementos auxiliares de obra: Solicitude de autorización para a reserva dun espazo público para a colocación colectores, estadas, valos, camións, casetas de obra, guindastres móbiles, elevadores, estadas colgantes, silos de morteiro, etc. en calquera ámbito da cidade.