Consellos para maiores de seguridade cidadá

Inicio » Atención cidadá » Consellos policiais » Consellos para maiores de seguridade cidadá

No seu domicilio

Consellos para maiores de seguridade cidadá

  • Non abra a porta da súa casa ou o porteiro automático a persoas descoñecidas.
  • Desconfíe sempre de quen chame á súa porta ofrecéndolle calquera cousa, aínda que diga representar a un organismo público. O delincuente utilizará calquera escusa para entrar na súa casa. 
  • Teña coidado cos servizos técnicos que non solicitara vostede ou a súa familia.
  • Identifique a todos os empregados que deban efectuar reparacións, revisións ou cobros no seu domicilio.
  • Cando reciba chamadas telefónicas, nunca facilite os datos persoais ou bancarios, aínda que lle digan que pertencen a organismos públicos, empresas de servizos domiciliarios ou argumenten que resultou gañador dun premio ou sorteo.
  • Non marque números de teléfono de tarificación especial (normalmente comezarán por 905, 803, 806…). A chamada terá un custo moi elevado para vostede. 
  • Non chame a números de teléfono que descoñece, dos que reciba mensaxes ou chamadas perdidas, poderían dalo de alta en servizos que non desexa.



Na vía pública

  • Na rúa, camiñe pola parte interior da beirarrúa, colocando o bolso no lado da parede. Utilice preferentemente bolsos de asa ou ben que non leven correa.
  • Evite facer ostentación de xoias ou outros obxectos de valor e protexa o seu bolso ou carteira nas grandes aglomeracións.
  • Non acepte ningunha proposta que lle ofrezan pola rúa, por vantaxosa que lle pareza. Pode ser unha estafa.



No banco

  • Ao utilizar os caixeiros automáticos non leve as claves anotadas, procure memorizalas. Vixíe os arredores e evite sacar moito diñeiro dunha soa vez.
  • Para evitar ser observado ou gravado tape a mano coa que teclea a súa clave secreta.
  • Se é posible, domicilie os pagamentos a través do banco.
  • Procure ir acompañado de persoas de confianza para asinar documentos ou realizar cobros ou pagamentos importantes.





Compartir: