Ensine aos seus fillos a coñecer o seu propio nome, apelidos, domicilio e teléfono.
Os seus fillos deben saber sempre que, en caso de extravío, o mellor é quedar parados. Os seus pais ou familiares, ao se decataren da súa ausencia, volverán sobre os seus pasos.
Explíquelles a quen dirixirse en caso de perigo, tanto se están na rúa como se se atopan na casa.
Que non abran a porta da casa cando estean sós.
Explíquelles que rexeiten sempre o convite de descoñecidos para subir a un automóbil ou acompañalos con calquera pretexto.
Que no acepten lambetadas, caramelos, tabaco etc., que poidan ofrecerlles calquera persoa non coñecida.