Prevención de timos

Inicio » Atención cidadá » Consellos policiais » Prevención de timos

  • Non fale de negocios con descoñecidos.
  • Nunca saque diñeiro do seu banco por requirimento de descoñecidos, aínda que lle ofrezan, aparentemente, un gran negocio.
  • Non esqueza que na maioría dos timos interveñen dous ou máis delincuentes perfectamente concertados, pero aparentando seren descoñecidos entre si (por exemplo o parvo e o listo).
  • En calquera clase de contrato ou documento mercantil que lle ofrezan para asinar, lea a letra miúda e observe atentamente todo o relacionado coa data, cantidades, selo e sinatura.
  • Existe unha ampla gama de timos nos que a vítima, tentada pola avaricia dunha fácil ganancia, se deixa enganar inxenuamente por quen fai do engano o seu medio de vida. Citamos os máis correntes:
    • O "tocomocho", ou timo polo que se fai crer á vítima que pode beneficiarse do cobro dunha participación de lotería premiada.
    • O "timo da estampiña", que consiste en facer pasar recortes de xornal por billetes de curso legal. 
    • O dos "trileiros", realizado en rastros e verbenas, a base de tres naipes, vasos ou cáscaras de noz, consistente en descubrir onde se atopa unha carta ou se oculta unha boliña. 





Compartir: