O máis importante é conservar a calma. En ocasións, a histeria colectiva provoca máis dano que o que podería ocasionar o suceso. Recorde que unha actitude de serenidade pode, incluso, salvarlle a vida.
No seu fogar, teña especial coidado co gas. Ante a menor sospeita dun escape, abra portas e ventás e nunca acenda un fósforo ou accione o interruptor da luz. Corte rapidamente a subministración de gas e avise á empresa subministradora.
Se se incendia o edificio onde vostede se encontra, non se precipite. Localice as saídas de urxencia; respire a través dun pano húmido; avance cara á saída o máis agachado posible; xamais utilice os ascensores. Siga, en todo caso, as indicacións dos bombeiros.
Avise aos bombeiros ou ás forzas de seguridade se observa un incendio forestal. Se se encontra atrapado nun bosque incendiado, fuxa das valgadas e pendentes do monte.
Procure localizar unha zona xa queimada ou unha corrente de auga. En último extremo, cúbrase de terra.
Sobre todo, teña en conta estes consellos para a prevención de incendios forestais:
Non tire cabichas acesas desde os vehículos ou en paseos a pé.
Non prenda lume no campo, salvo en lugares e durante o tempo autorizado, e apague perfectamente os restos das fogueiras antes de abandonar o lugar.
Teña moito coidado ao elixir os lugares para o baño. Procure bañarse en zonas vixiadas, observando as condicións da praia, a ondada e as correntes.
Se se sente arrastrado por unha corrente, non intente nadar contra ela, senón en sentido paralelo á praia ata que saia dela. Daquela poderá alcanzar a beira con facilidade.