Conserva a calma. Pensa que non estás soa. Os corpos e forzas de seguridade están para axudarche e protexerte. Non aguantes en silencio nin sexas tolerante coa persoa que te agrediu. Denuncia os feitos inmediatamente. A denuncia afianza a túa seguridade e prevén futuras agresións a ti mesma ou a outras mulleres.
Avisa aos corpos de seguridade máis próximos ou acude persoalmente ás súas dependencias. Na túa declaración serás atendida por persoal especializado.
Non modifiques o teu aspecto. Non te laves ni laves a túa roupa. Non alteres o lugar da agresión. Son probas. Achega a identidade ou a descrición da persoa que te agrediu e cantos datos consideres de interese para a investigación.
Serás recoñecida por persoal médico que atenderá e curará as túas feridas, certificará as túas doenzas, incluso as que a simple vista non sexan apreciables.
Formaliza a túa denuncia. Solicita xustificante dela ou copia da túa declaración. Informarante sobre os dereitos que te asisten como vítima e das asociacións e servizos sociais da túa zona, para acceder a posibles axudas pensadas para ti.
Se tes problemas, se te ameazan ou te sentes insegura, avisa inmediatamente. Os corpos policiais garanten a túa seguridade e a túa protección.
Denuncia cada situación de maltrato ou agresión sexual da que sexas vítima en cuanto se produza. Se denunciaches este tipo de feitos noutras ocasións, comunícao.
Mantente en contacto coa Policía e colabora con ela. Non temas testificar.
No noso Concello dispoñemos dun CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER MUNICIPAL, onde poderás recibir asesoramento e orientación sobre os teus dereitos e formas de inserción laboral. Ademais proporciona asesoramento xurídico e atención psicolóxica.