Ingreso no corpo

Inicio » Información xeral » Ingreso no corpo »

¿QUERES SER POLICÍA LOCAL?

Corpo da Policía Local de Santiago

Para ser admitido nos procesos selectivos para o acceso á Policía Local de Santiago, será necesario reunir os seguintes requisitos, referidos ao día no que remate o prazo de presentación das instancias:

Requisitos:  

  • Posuír a nacionalidade española.
  • Superar os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 36.
  • Posuír unha estatura mínima de 1,65 metros os homes e 1,60 metros as mulleres.
  • Estar en posesión da titulación exixible para o acceso como funcionario do grupo C1.(Título de bacharelato)
  • Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B con BTP.
  • Non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das función públicas ou separado/a do servizo das administración públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.
  • Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo e, se é o caso, chegar a utilizalas nos casos e circunstancias legalmente establecidas.
  • Presentación dun certificado médico en que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifiquen na correspondente proba da oposición.



Éstas son as probas que necesitarás superar para conseguilo:

As probas da oposición (todas elas eliminatorias), seguindo a orde en que desenvolven, son as seguintes:   

  1. Probas de avaliación de coñecementos dos aspirantes sobre os contidos do temario correspondente.
  2. Proba de avaliación do coñecemento da lingua galega, só para aqueles aspirantes que non puidesen acredítalo documentalmente.
  3. Aptitude física, que incluirá a comprobación da estatura dos aspirantes.
  4. Probas psicotécnicas.
  5. Recoñecemento médico.



Ligazóns



Compartir: