A Academia Galega de Seguridade Pública realiza cada ano un plan de formación para a Policía Local e, paralelamente, o Concello de Santiago pon en marcha un propio, sendo conscientes de que a actividade profesional deste corpo require un alto grao de preparación e formación para o seu correcto desenvolvemento. Esta formación aséntase en tres grandes piares: o coñecemento, as habilidades e as actitudes. Sobre todos eles debe incidir a formación dirixida ás funcións que temos asignadas para que sexa eficaz.
A Policía Local atópase ao lado da cidadanía de formas distintas, sendo as principais funcións que ten encomendadas a POLICÍA LOCAL basicamente veñen recollidas na Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade (LOFCS).Os corpos de Policía Local deberán exercer as seguintes funcións: