Queixas e suxestións

Inicio » Información xeral » Servizos » Queixas e suxestións »

O concello de Santiago de Compostela pon a disposición da cidadanía para que indique as deficiencias percibidas e/o as propostas de mellora sobre o funcionamento dos servizos ou materias de competencia municipal, a través de queixas ou suxestións. É un servizo que se crea para asistir á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións.

As queixas e suxestións diferénciase da presentación de incidencias. Considerarase incidencia:

  • Calquera aviso de necesidade de arranxo puntual dalgún elemento dun servizo básico municipal: alumeado público, transporte, limpeza da vía pública, elementos nos parques, rúas.
  • Todo escrito que presentado como queixa omita os datos esenciais na súa formalización (nome e apelidos, domicilio e documento nacional de identidade ou equivalente).
Deberá especificar todos os datos que permitan a localización da deficiencia obxecto da incidencia. Neste suposto debe canalizar o seu aviso, a través de calquera das seguintes vías:
  • A través de chamada telefónica: 981 542 323
  • Persoalmente, na Oficina Municipal de Atención á Cidadanía (Rúa do Presidente Salvador Allende, 4- baixo).
  • Persoalmente a través dos axentes de servizo.
  • De maneira presencial nas dependencias do corpo (R/ Trinidade s/n - 15706 - Santiago de Compostela) ou na Oficina Municipal de Atención á Cidadanía (Rúa do Presidente Salvador Allende, 4- baixo).
Non é preciso indicar os datos persoais, xa que o aviso será atendido e tramitado de xeito inmediato para a mellora do funcionamento dos servizos municipais, pero é aconsellable a indicación dun teléfono ou enderezo electrónico para contactar no caso necesario.

Acceso para a tramitación das demais queixas e suxestións, que non sexan consideradas incidencias.





Compartir: