Novas

Inicio » Novas » A Policía Local comeza unha campaña de vixilancia do transporte escolar

A Policía Local comeza unha campaña de vixilancia do transporte escolar

24/11/2014

A Policía Local de Compostela adhírese á campaña de Vixilancia do Transporte Escolar e de menores, que terá lugar entre os días 24 e 30 de novembro, posta en marcha pola DXT. Santiago será unha das cidades onde se levarán a cabo estes controis especiais, sendo os axentes de Policía Local os que montarán os dispositivos nas vías urbanas con tal efecto.



Durante estes días, os axentes intensificarán as inspeccións sobre os vehículos destinados ao transporte escolar, comprobando que as autorizacións e documentos que deben ter os devanditos vehículos sexan os correctos para a prestación do servizo. Así mesmo, verificarase que as condicións técnicas e elementos de seguridade do vehículo son os que esixe a normativa, prestando especial atención ao uso do cinto de seguridade naqueles autobuses que o teñan instalado, así como os requisitos especiais que debe cumprir o propio condutor.

Ao longo do curso, case medio millón de alumnos utilizan a diario un autobús escolar. Segundo o Observatorio do Transporte de Pasaxeiros por Estrada, estes autobuses desprazan máis de 280 millóns de pasaxeiros ao ano. Aínda así, as taxas de accidentalidade son mínimas.

A seguridade é a máxima prioridade e as cifras de sinistralidade anuais reflicten que este é un sector seguro. O cinto de seguridade é útil en calquera traxecto curto ou longo, urbano e interurbano. No autobús escolar, do mesmo xeito que en calquera outro vehículo, o cinto de seguridade é vida.







Compartir: