A Policía Local intensifica a campaña de control de consumo de alcol e drogas por mor das festas do Nadal
Insta aos composteláns a ser prudentes ao volante e a non mestuar alcol e condución. A campaña realízana conxuntamente coa Dirección Xeral de Tráfico.
Achegámonos ás festas do Nadal, momento para moitos de ilusión e de encontro cos seres queridos. A Policía Local de Compostela, quere aproveitar a ocasión, para desexarlles unhas felices festas e lembrarlles que nestas datas, do mesmo xeito que no resto do ano, velará pola seguridade cidadá e viaria de todos os cidadáns.
Coa chegada destas datas fanse máis habituais os excesos nas tradicionais comidas e ceas de empresa, así como nas celebracións con amigos e familiares. O consumo de alcol, e mesmo de drogas, adoita ser algo máis frecuente, unha situación que dispara o risco na circulación viaria. Por iso, e para tratar de reducir ao máximo a sinistralidade durante estas datas, a Policía Local de Santiago colabora coa campaña da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), que ao longo desta semana se puxo en marcha, consistente nun plan integral de vixilancia, que se centrará en realizar controis de alcoholemia, drogas e velocidade.
Non esquezan que as présas, as festas e sobre todo, nos desprazamentos, a combinación do alcol coa condución pode orixinar un grave risco para as nosas vidas e as dos demais. Sexan conscientes diso, especialmente, nestas datas tan entrañables para as familias.