Novas

Inicio » Novas » A Policía Local actualiza a súa formación

A Policía Local actualiza a súa formación

08/03/2016

A Policía Local de Compostela está actualizando os seus coñecementos, grazas a un plan formativo organizado polo Concello e que ten como obxectivo garantir a seguridade cidadá. A temática dos cursos está relacionada co labor diario dos axentes.



A semana pasada celebrouse a segunda edición dun curso específico contra a violencia machista, impartido por fiscais dos xulgados de Santiago, funcionarias do Centro de Información á Muller, e polo xefe do grupo de Vixilancia e Apoio da Policía Local de Vigo.

Nos próximos días arrancará unha actividade formativa sobre técnicas de primeiros auxilios e uso dos DESA (Desfibriladores Semiautomáticos Externos). Deste curso faranse dúas edicións, unha agora e outra en abril. O obxectivo é que os axentes da Policía Local teñan os coñecementos necesarios para intervir ante calquera emerxencia.

Tamén en abril, está previsto realizar un curso práctico de intervención policial, no que se abordarán técnicas de detención que garanten a seguridade no traballo dos axentes. En concreto, analizarase o uso do bastón policial.







Compartir: