Novas

Inicio » Novas » A práctica totalidade dos condutores de Compostela utiliza o cinto de seguridade

A práctica totalidade dos condutores de Compostela utiliza o cinto de seguridade

23/03/2016

A Policía Local, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, vén de realizar unha campaña especial de vixilancia sobre o uso do cinto de seguridade, con especial atención aos sistemas de retención infantil. Entre os días 14 e 20 de marzo, os axentes incrementaron os controis, para concienciar da importancia do uso do cinto, un elemento que reduce á metade o risco de morte en accidentes de tráfico. A xulgar polos resultados, os condutores teñen totalmente asumida a necesidade de empregar o cinto en todas as circunstancias.



Durante a campaña, a Policía Local controlou a un total de 1.467 condutores de vehículos, dos que o 99,45% levaban correctamente abrochado o cinto. Entre o colectivo de taxistas, esa porcentaxe baixa ao 94,26% (foron controlados 70 condutores), e dos 23 autobuses vixiados levaban ben posto o cinto o 95,6% dos condutores. No que respecta aos vehículos destinados ao transporte de mercadorías, todos os condutores controlados que non estaban exentos de utilizar o cinto cumprían coa normativa.

A Policía Local tamén controlou a 180 pasaxeiros de vehículos. Entre os que viaxaban no asento dianteiro, levaban o cinto o 99,4%, mentres que a porcentaxe baixaba ao 97,20% no caso dos viaxeiros dos asentos traseiros.

En canto aos sistemas de retención infantil, en todos os casos se cumprían as normas de seguridade.







Compartir: