Novas

Inicio » Novas » Case 13.000 vehículos foron controlados nas estradas da cidade durante a última campaña de vixilancia da velocidade

Case 13.000 vehículos foron controlados nas estradas da cidade durante a última campaña de vixilancia da velocidade

28/04/2016

Durante os sete días (do 18 ao 24 de abril) que durou a última campaña de vixilancia e control de velocidade nas estradas de Santiago, impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico e posta en marcha pola Policía Local, foron inspeccionados 12.908 vehículos. Deles derivaron 118 infraccións por exceso de velocidade, o que representa o 2,82% del total.



Os puntos controlados foron os de maior concentración de accidentes, como a zona de Amor Ruibal e Clara Campoamor, e os que, polo seu deseño xeométrico, representan un risco especial se non se respectan os límites de velocidade. Os resultados din que o venres é o día máis infraccións, xa que dos 20 infractores detectados nos radares móbiles, 18 fórono nesta xornada. O resto de infraccións, 98, rexistráronse a través do radar fixo do túnel do Hórreo.

Normativa
A Policía Local recorda que a Lei de Seguridade Viaria e o Regulamento Xeral de Circulación fixan a normativa aplicable aos límites xenéricos e específicos de velocidade, velocidade en adiantamento e distancias entre vehículos. O incumprimento destas normas está tipificado como infracción grave ou moi grave, sancionadas con multas de 100 a 600 euros, unido á perda de puntos, tal como se reflicte na táboa anexa, sempre tendo en conta a marxe de erro aplicada aos cinemómetros ou radares previamente á formulación da denuncia.

Ademais, o artigo 379 do Código Penal, estipula que "o que conduza un vehículo de motor ou un ciclomotor a velocidade superior en sesenta quilómetros por hora en vía urbana ou en oitenta quilómetros por hora en vía interurbana á permitida regulamentariamente, será castigado con pena de prisión de tres a seis meses ou á de multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, á de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos".



Descargas





Compartir: