Novas

Inicio » Novas » Case mil alumnos e alumnas de 4º de Primaria participaron no "Móvete seguro con Moito Olliño"

Case mil alumnos e alumnas de 4º de Primaria participaron no "Móvete seguro con Moito Olliño"

22/11/2016

O Departamento de Educación Viaria da Policía Local ven de concluír unha nova edición do seu programa Móvete seguro con Moito Olliño, dirixido ao alumnado de 4º de Educación Primaria. Desta vez, nas actividades participaron 24 dos 25 centros escolares de Compostela e un total de 972 escolares.



A campaña Móvete seguro con Moito Olliño para 4º de Primaria ten como obxectivo que os rapaces e rapazas coñezan a súa contorna inmediata e as normas de circulación peonil, valoren a importancia que ten o respecto das normas e sinais de tráfico, e actúen de forma progresivamente autónoma. Durante as charlas, o alumnado tamén aprende a localizar as diferentes partes dunha vía urbana e interurbana e a valorar o labor realizado pola Policía Local.







Compartir: