Novas

Inicio » Novas » O túnel do Hórreo acolleu un simulacro de accidente

O túnel do Hórreo acolleu un simulacro de accidente

27/09/2017

O túnel do Hórreo foi escenario dun simulacro de accidente no seu interior. Os exercicios de adestramento realizáronse entre a 01:09 e as 02:00 horas da madrugada. Neste simulacro participaron equipos de Bombeiros, Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella, 061 e da empresa adxudicataria do mantemento do túnel.



O simulacro consistiu na reproducción do accidente dun vehículo, posteriormente incendiado e que deixaba feridos de diversa consideración.

Este tipo de adestramento está encadrado no cumprimento das obrigas que sinala o Real Decreto 635/2006. Este RD afecta aos requisitos mínimos de seguridade nos túneles. Tamén recolle este tipo de simulacros o Real Decreto 393/2007, que é a Norma Básica de Autoproteción fronte a actividades que poidan orixinar situacións de emerxencia.







Compartir: