A Policía Local realizará controis de alcoholemia durante esta semana
Desde este luns 11 e ata o vindeiro domingo 17 de decembro, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial de control das taxas de alcohol e de drogas na condución. Esta campaña da Dirección Xeral de Tráfico súmase aos controis que periodicamente realiza a Policía Local.
Segundo datos do Observatorio Europeo para a Seguridade Viaria (ERSO), arredor do 25% de todas as mortes en estrada en Europa están relacionadas co alcohol. A medida que a concentración de alcohol no sangue aumenta no condutor, a taxa de incidencia de accidentes tamén se incrementa.
A presenza de alcohol durante a condución, dependendo da taxa, multiplica entre 2 e 15 o risco de sufrir un accidente. Esta substancia non só está relacionada cos accidentes, senón que tamén repercute nunha maior mortalidade, ao ser un factor vinculado cun peor prognóstico nas lesións sufridas.
Por outra parte, o Estudo de prevalencia de substancias psicoactivas en conductores (EDAP), realizado en 2015 pola DXT, constata que 12 de cada 100 conductores circulan tras haber ingerido drogas e/ou alcohol.
A medida que a concentración de alcohol no sangre aumenta no condutor, a taxa de accidentes tamén se incrementa. En comparación cun condutor sobrio, a taxa de incidencia de accidente dun condutor cunha taxa de alcoholemia de 0,8 g/l é 2,7 veces maior que a dun condutor sobrio. En España o límite legal é de 0,3 g/l. Cando un condutor ten unha taxa de alcoholemia de 1,5 g/l, a súa taxa de incidencia de accidente estímase que é 22 veces maior que a dun condutor sobrio.
A Policía Local lembra aos cidadáns que as presas, as festas e sobre todo nos desprazamentos, a combinación do alcohol coa condución supón un grave risco para as nosas vidas e para as dos demais.
Controis no transporte escolar
Tamén no marco dunha campaña do DXT, a Policía Local realizou controis nos vehículos de transporte escolar entre o 27 de novembro e o 1 de decembro. Inspeccionáronse 29 autobuses de 8 centro escolares, cun resultado de 8 denuncias: 5 por caducidade da tarxeta de transporte e 3 pola falta da autorización para a realización de transporte escolar.