Novas

Inicio » Novas » A Policía Local formulou 17 denuncias na última campaña de control do transporte escolar

A Policía Local formulou 17 denuncias na última campaña de control do transporte escolar

28/02/2018

A Policía Local formulou un total de 17 denuncias no marco da campaña de control de transporte escolar desenvolvida a pasada semana. Os/as axentes inspeccionaron 38 vehículos de 14 centros escolares.



A infracción máis habitual estivo relacionada coa ausencia de accesorios ou repostos obrigados nos autobuses escolares, como martelos, extintores ou sinalizacións. Por este motivo foron denunciados oito vehículos. A Policía Local tramitou outras sete denuncias a autobuses que carecían de autorización específica para realizar transporte de escolares. Por último, foi denunciado un autobús por carecer do dispositivo acústico de marcha, e outro por carecer do dispositivo luminoso de sinal de emerxencia.

A campaña impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico na que participou a Policía Local de Santiago estaba centrada en tres cuestións: o control administrativo das autorizacións e documentos que deben levar os vehículos de transporte escolar; a verificación das condicións técnicas e de seguridade dos autobuses; e a revisión da documentación e do cumprimento dos tempos de condución e descanso por parte dos condutores e condutoras.







Compartir: