A Policía Local realizará controis de alcoholemia e de drogas na condución durante a vindeira semana
Dende este luns 4 e ata o vindeiro domingo 10 de xuño, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial da DXT de control da taxa de alcohol e presencia de drogas en condutores. Esta campaña súmase aos controis que periodicamente realiza a Policía Local.
Durante este ano, a Policía Local xa realizou 1.243 probas de alcoholemia, con 42 positivos, o que supón un 3,62% do total de probas realizadas. Tres dos positivos foron tramitados como delito, remitindo o correspondente atestado ao xulgado para un xuízo rápido.
En canto á presenza de drogas, efectuáronse ata o momento 116 probas, das que 41 deron un resultado positivo, o que supón o 35,34% do total. A Policía Local amósase especialmente preocupada polo incremento dos positivos por drogas na condución.
Alcohol
Segundo datos do Observatorio Europeo para a Seguridade Viaria (ERSO), arredor do 25% de todas as mortes en estrada en Europa están relacionadas co alcohol. A medida que a concentración de alcohol no sangue aumenta no condutor, a taxa de incidencia de accidentes tamén se incrementa.
A presenza de alcohol durante a condución, dependendo da taxa, multiplica entre 2 e 15 o risco de sufrir un accidente. Esta substancia non só está relacionada cos accidentes, senón que tamén repercute nunha maior mortalidade, ao ser un factor vinculado cun peor prognóstico nas lesións sufridas.
A medida que a concentración de alcohol no sangre aumenta no condutor, a taxa de accidentes tamén se incrementa. En comparación cun condutor sobrio, a taxa de incidencia de accidente dun condutor cunha taxa de alcoholemia de 0,8 g/l é 2,7 veces maior que a dun condutor sobrio. En España o límite legal é de 0,3 g/l. Cando un condutor ten unha taxa de alcoholemia de 1,5 g/l, a súa taxa de incidencia de accidente estímase que é 22 veces maior que a dun condutor sobrio.
Drogas
Conducir despois do consumo de substancias psicoactivas é un feito preocupantemente frecuente, sendo o cannabis (THC), a cocaína, as anfetaminas e as metanfetaminas as sustancias más habitualmente atopadas. O consumo simultáneo de substancias, que se demostrou coma un comportamento de extremo risco viario, é comparativamente frecuente en España.
O Estudo de prevalencia de substancias psicoactivas en conductores (EDAP), realizado en 2015 pola DXT, constata que 12 de cada 100 condutores circulan tras ter inxerido drogas e/ou alcohol.
A Policía Local lembra aos cidadáns que as presas, as festas e sobre todo nos desprazamentos, a combinación do alcohol e drogas coa condución supón un grave risco para as nosas vidas e para as dos demais.