Novas

Inicio » Novas » Máis de 500 nenos e nenas participarán mañá xoves na II Gala pola Seguridade Viaria

Máis de 500 nenos e nenas participarán mañá xoves na II Gala pola Seguridade Viaria

06/06/2018

O Auditorio de Galicia acolle mañá xoves a II Gala pola Seguridade Viaria, impulsada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local. Máis de 500 alumnos e alumnas de 4º de Primaria dos centros escolares de Santiago asistirán á festa, que pecha o programa de formación no que participaron uns mil rapaces e rapazas ao longo do curso.



A II Gala pola Seguridade Viaria comezará ás 10:30 horas e estará conducida por Teatro Ghazafellos. O espectáculo, baseado no humor e nas improvisacións escénicas, permitirá sensibilizar sobre a importancia da seguridade viaria e afondar nos conceptos sobre os que os rapaces e rapazas traballaron nas actividades formativas impartidas pola Policía Local. De feito, os nenos e nenas recibirán os seus diplomas no transcurso da Gala.

Premios
Tamén mañá, farase entrega das bicicletas e dos cascos aos catro gañadores/as do concurso de debuxo convocado pola Policía Local para elixir os lemas dunha nova campaña que se porá en marcha proximamente. Neste certame participaron máis de 400 escolares. Tres dos premiados foron elixidos por un xurado, e o cuarto por votación popular a través do Facebook do Departamento de Educación Viaria da Policía Local.







Compartir: