Novas

Inicio » Novas » A II Gala pola Seguridade Viaria pecha as actividades de Educación Viaria cos escolares de Compostela

A II Gala pola Seguridade Viaria pecha as actividades de Educación Viaria cos escolares de Compostela

07/06/2018

Uns 550 nenos e nenas participaron esta mañá na II Gala pola Seguridade Viaria, a gran festa coa que remata o programa de formación que o Departamento de Educación Viaria da Policía Local desenvolveu ao longo do curso nos centros escolares de Santiago. No transcurso da gala fíxose entrega dos diplomas acreditativos aos/ás estudantes que participaron nas actividades formativas, así como dos premios aos gañadores e gañadoras do concurso de debuxo organizado pola Policía Local.



A II Gala pola Seguridade Viaria celebrouse no Auditorio de Galicia e estivo conducida por Teatro Ghazafelhos. O espectáculo, baseado no humor e nas improvisacións escénicas, permitirá sensibilizar sobre a importancia da seguridade viaria e afondar nos conceptos sobre os que os rapaces e rapazas traballaron nas actividades formativas impartidas pola Policía Local.

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participou tamén na festa, na que se fixo entrega das bicicletas e dos cascos aos catro gañadores/as do concurso de debuxo convocado pola Policía Local para elixir os lemas dunha nova campaña que se porá en marcha proximamente. Neste certame participaron máis de 400 escolares. Tres dos premiados foron elixidos por un xurado, e o cuarto por votación popular a través do Facebook do Departamento de Educación Viaria da Policía Local.







Compartir: