Novas

Inicio » Novas » A Policía Local imparte en Aspas unha nova xornada de seguridade viaria

A Policía Local imparte en Aspas unha nova xornada de seguridade viaria

19/09/2018

As persoas usuarias de Aspas veñen de participar nunha nova xornada de seguridade viaria, impartida pola Policía Local de Santiago. Desta vez, a actividade xirou en torno á mobilidade peonil e ciclista.



O Departamento de Educación Viaria da Policía Local de Santiago vén traballando con diferentes colectivos con necesidades especiais, co obxectivo de favorecer a súa autonomía nos seus desprazamentos. O programa inclúe módulos teóricos e prácticos, neste caso pensados especificamente para as persoas con discapacidade intelectual.

Así, a Policía Local traballou coas persoas usuarias de Aspas os conceptos máis importantes relacionados coa seguridade viaria, explicando cales son os comportamentos máis seguros como peóns e como usuarios da bicicleta. Despois do traballo teórico, realizouse un percorrido polas proximidades do centro de Aspas para poñer en práctica eses conceptos.







Compartir: