Trece policías locais de Santiago reciben a distinción de honra ao corpo da Policía Local de Galicia
Un total de 13 policías locais de Santiago recibiron este mediodía as distincións de honra ao corpo da Policía Local de Galicia, coas que se recoñecen as súas traxectorias de máis de 25 anos. Foi nun acto celebrado na Academia Galega de Seguridade, e ao que asistiu o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.
Os policías locais de Santiago que recibiron a distinción foron Andrés Bao Valiño, Sebastián Carreira Quintela, Ramón Creo Blanco, Begoña Del Río Martínez, Juan Carlos López López, Antonio Malvido Lojo, Alfredo Juan Martínez Viaño, Andrés Nouche Rama, Ramón Pampín Ferreiro, José Manuel Suárez Nieto, Francisco Javier Vázquez Illodo, José Elisardo Vázquez Moar, e Maximino Viaño Marcos.