Novas

Inicio » Novas » A Policía Local realizará controis en furgonetas do 26 ao 29 de novembro

A Policía Local realizará controis en furgonetas do 26 ao 29 de novembro

22/11/2018

A Policía Local sumarase a vindeira semana a unha nova campaña de vixilancia e control da Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Desta vez, entre o 26 e o 29 de novembro, os/as axentes realizarán inspeccións das furgonetas, un tipo de vehículo que se conduce co mesmo permiso de condución que un turismo, pero con características diferentes.



Os/as axentes comprobarán a velocidade, a documentación, tanto do vehículo coma do condutor; a carga transportada e a súa adecuada estiva; as condiciones técnicas do vehículo, prestando unha especial atención ao correcto estado dos pneumáticos; se os condutores conducen con presenza de alcohol e drogas, ou se teñen pasado a correspondente Inspección Técnica de Vehículos, cuestións todas elas moi directamente relacionadas coa seguridade viaria.

Colocación da carga
Conducir unha furgoneta non é igual que conducir un turismo, xa que o comportamento dinámico é diferente, sobre todo cando vai cargada. Por iso, a correcta suxeición da carga é fundamental, porque calquera desprazamento da carga cambia o comportamento dinámico do vehículo por desprazamento do centro de gravidade.

O 81% dos condutores ocasionais de furgonetas descoñecen a forma máis segura de colocar a carga, o 75% ignora os límites de velocidade destes vehículos e o 46% nunca fixa a carga nas súas portes

Pneumáticos
Outro aspecto de vital importancia é o correcto estado dos pneumáticos. Aproximadamente un 5% dos vehículos, máis dun millón, circulan con defectos graves nas rodas, principalmente por levar unha profundidade do debuxo por debaixo do mínimo legal de 1,6 mm; por ter un desgaste irregular debido a unha mala suspensión ou unha aliñación incorrecta; ou por circular cunha presión errónea.

Os vehículos relacionados cun uso máis profesional presentan maiores índices de defectos nos pneumáticos, como é o caso das furgonetas. Por iso é imprescindible comprobar regularmente a profundidade do debuxo.

Accidentalidade
Segundo indica a DXT, en 2017, as furgonetas estiveron implicadas en 11.150 accidentes con vítimas, nos que faleceron 243 persoas, o que supón o 11% do total de accidentes con vítimas e o 13% do total de falecidos en 2017. Dos 243 falecidos, 90 eran ocupantes das furgonetas e 153 eran persoas que viaxaban noutros vehículos.

Nas vías urbanas producíronse o 57% dos accidentes, pero é nas vías interurbanas onde os accidentes son máis graves: 84 dos 90 falecidos e 238 dos 288 feridos hospitalizados ocupantes de furgoneta producíronse en accidentes en vías interurbanas.

Respecto de 2016, no ano 2017 aumentaron os falecidos ocupantes de furgonetas: 21 falecidos máis, 18 en vías interurbanas e 3 en vías urbanas. Tamén se observou un aumento dos feridos hospitalizados: 14 feridos hospitalizados máis, cun incremento do 5% respecto a 2016.







Compartir: