Novas

Inicio » Novas » A Policía Local compartiu unha xornada de educación viaria e de lecer cos nenos e nenas da planta de Pediatría do CHUS

A Policía Local compartiu unha xornada de educación viaria e de lecer cos nenos e nenas da planta de Pediatría do CHUS

11/12/2019

Con motivo das festas de Nadal, integrantes do Departamento de Educación Viaria da Policía Local desprazáronse ata a planta de Pediatría do CHUS, para pasar unha xornada cos nenos e nenas alí ingresados/as e as súas familias.



Os axentes impartiron unha charla sobre comportamentos seguros na vía pública e logo puxeron en marcha un parque de tráfico con material trasladado para a ocasión (conos, semáforos, sinais, bicicletas�). Ademais, utilizouse parte dun circuíto que os/as nenos/as debuxaron nos corredores da planta. Foi unha xornada divertida para os rapaces e rapazas, e tamén con beneficios terapéuticos, polo exercicio físico e a distracción, tal como indicaron os responsables da planta de Pediatría.

Tamén se realizou un percorrido polas habitacións, visitando os nenos e nenas que non puideron acudir ás actividades. Finalmente, entregouse a todos/as os/as rapaces e rapazas agasallos relacionados coa educación viaria: xogos de oca viaria, xogos de cartas, carnés de policía infantil e libros de adhesivos.







Compartir: