Novas

Inicio » Novas » A redución do tráfico na cidade alcanzou case o 80% este pasado luns

A redución do tráfico na cidade alcanzou case o 80% este pasado luns

01/04/2020

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, vén de "valorar e agradecer" o comportamento que está tendo a cidadanía no cumprimento das medidas de confinamento do estado de alarma. Unha cifra que constata este cumprimento é a redución do tráfico, que este luns 31 alcanzou un 78%.



O luns 16, o primeiro día hábil tras a entrada en vigor do estado de alarma, o tráfico reducírase un 65% respecto o luns precedente. Unha semana despois, o luns 23, a diminución da circulación chegara ao 74%. Finalmente, este luns 30, tras a entrada en vigor de novas restricións ao movemento de persoas, a redución do tráfico na cidade alcanzou o 78%.

En calquera caso, o concelleiro lembrou que a Policía Local, en colaboración con outros corpos policiais, segue a realizar controis diarios de vehículos en diferentes puntos da cidade. Dende a aplicación do estado de alarma, controláronse 2.500 vehículos.

Gonzalo Muíños reiterou o agradecemento á cidadanía polo grao de cumprimento do estado de alarma, porque "este bo comportamento que está tendo a xente facilita moito o labor das forzas e corpos de seguridade". Neste sentido, ademais dos datos de redución do tráfico, tamén valorou a cifra de identificacións de peóns, lembrando que, dende a entrada en vigor do estado de alarma, se realizaron 148 identificacións e 94 propostas de sanción.







Compartir: