A Policía Local de Santiago continúa coas súas actividades de educación viaria. Este venres, os/as escolares de 3º a 6º de Primaria do CEIP Raíña Fabiola participaron nunha busca do tesouro orientada a coñecer o novo Colecamiño que entrará en funcionamento neste centro tras a Semana Santa.
Esta semana, a Policía Local realizou o primeiro taller teórico-práctico sobre o uso dos sistemas de retención infantil e seguridade no vehículo para embarazadas. A demanda de asistencia foi tal que superou a capacidade do Centro de Saúde das Fontiñas.
Durante a pasada semana, do 15 ao 21 de febreiro, a Policía Local colaborou coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia nunha campaña da Dirección Xeral de Tráfico de control de furgonetas e todo tipo de camións. Inspeccionáronse 54 vehículos, dos que seis foron propostos para sanción: catro deles por exceso de peso autorizado, un por circular cos pneumáticos en mal estado e un por circular sen ter superado a Inspección Técnica de Vehículos (ITV).
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participou no acto de entrega das medallas do Colexio de Avogados de Santiago, celebrado no Hostal dos Reis Católicos con motivo da celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort. Unha das distincións foi para a Policía Local de Santiago.
A Policía Local quere concienciar aos pais da importancia de utilizar de xeito correcto os sistemas de retención infantil nos vehículos. É por iso que ven de organizar unha charla-obradoiro no centro de saúde de Fontiñas a próxima semana. A coordinadora do Departamento de Educación Viaria da Policía Local, Diana Parente, foi a encargada de presentar esta actividade, que se desenvolverá o luns, en horario de 10:00 a 12:00, e o martes, de 17:00 a 19:00 horas. A charla correrá a cargo da especialista en puericultura Alicia García Ferrín.
Busca do tesouro da man da Policía Local polo novo Colecamiño do CEIP Raíña Fabiola
A Policía Local de Santiago continúa coas súas actividades de educación viaria. Este venres, os/as escolares de 3º a 6º de Primaria do CEIP Raíña Fabiola participaron nunha busca do tesouro orientada a coñecer o novo Colecamiño que entrará en funcionamento neste centro tras a Semana Santa.
A Policía Local impartiu unha charla sobre os sistemas de retención infantil
Esta semana, a Policía Local realizou o primeiro taller teórico-práctico sobre o uso dos sistemas de retención infantil e seguridade no vehículo para embarazadas. A demanda de asistencia foi tal que superou a capacidade do Centro de Saúde das Fontiñas.
A Policía Local inspeccionou a pasada semana 54 vehículos de transporte de mercadorías, dos que seis foron propostos para sanción
Durante a pasada semana, do 15 ao 21 de febreiro, a Policía Local colaborou coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia nunha campaña da Dirección Xeral de Tráfico de control de furgonetas e todo tipo de camións. Inspeccionáronse 54 vehículos, dos que seis foron propostos para sanción: catro deles por exceso de peso autorizado, un por circular cos pneumáticos en mal estado e un por circular sen ter superado a Inspección Técnica de Vehículos (ITV).
A Policía Local recibiu a medalla do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participou no acto de entrega das medallas do Colexio de Avogados de Santiago, celebrado no Hostal dos Reis Católicos con motivo da celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort. Unha das distincións foi para a Policía Local de Santiago.
A Policía Local organiza unha charla sobre os sistemas de retención infantil
A Policía Local quere concienciar aos pais da importancia de utilizar de xeito correcto os sistemas de retención infantil nos vehículos. É por iso que ven de organizar unha charla-obradoiro no centro de saúde de Fontiñas a próxima semana. A coordinadora do Departamento de Educación Viaria da Policía Local, Diana Parente, foi a encargada de presentar esta actividade, que se desenvolverá o luns, en horario de 10:00 a 12:00, e o martes, de 17:00 a 19:00 horas. A charla correrá a cargo da especialista en puericultura Alicia García Ferrín.
« Anteriores Seguintes »