O alcalde e o concelleiro de Mobilidade conversan cos nenos e nenas do CEIP López Ferreiro.

Xincana ciclista para celebrar a Semana Europea da Mobilidade

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, saudaron os 50 nenos e nenas do CEIP López Ferreiro que participaron durante a mañá deste mércores na xincana organizada con motivo da Semana Europea da Mobilidade.

Ler máis

A Policía Local controlará as distraccións ao volante do 16 ao 22 de setembro

A Policía Local participará durante a próxima semana nunha nova campaña especial de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico, desta vez centrada nas distraccións na condución. Os/as axentes realizarán controis entre o 16 e o 22 de setembro.

Ler máis

A Policía Local localiza o condutor que presuntamente se deu á fuga o pasado domingo tras un atropelo na avenida de Castelao

A Policía Local de Santiago conseguiu localizar o condutor que presuntamente na tarde do pasado domingo se dera á fuga tras atropelar a unha persoa nun paso de peóns na avenida de Castelao.

Ler máis
Gonzalo Muíños saúda aos/ás colaboradores/as na praza.

Case 4.000 escolares participaron este curso nas actividades de educación viaria da Policía Local

Uns cen alumnos e alumnas do CEIP de Vite e do CEIP Raíña Fabiola participaron na mañá deste xoves na II Marcha Ciclista Escolar. O evento culminaba as actividades formativas do Departamento de Educación Viaria da Policía Local durante o curso 2018-2019, nas que participaron case 4.000 escolares.

Ler máis
Vista dos e das asistentes á gala.

A III Gala pola Seguridade Viaria pecha as actividades de Educación Viaria cos escolares de Compostela

Nenos e nenas dos centros escolares de Compostela participaron esta mañá no Auditorio de Galicia na III Gala pola Seguridade Viaria, a gran festa coa que remata o programa de formación que o Departamento de Educación Viaria da Policía Local desenvolveu ao longo do curso.

Ler máis