Poñendo en práctica o aprendido.

A Policía Local imparte en Aspas unha nova xornada de seguridade viaria

As persoas usuarias de Aspas veñen de participar nunha nova xornada de seguridade viaria, impartida pola Policía Local de Santiago. Desta vez, a actividade xirou en torno á mobilidade peonil e ciclista.

Ler máis

Comezan as probas para a cobertura de seis prazas de Policía Local

O Concello de Santiago iniciou este luns as probas selectivas para a contratación de seis policías locais mediante un proceso de oposición libre. O primeiro exame, de aptitude física, celébrase durante os días 17 e 18 de setembro mas instalacións da pista de atletismo da USC.

Ler máis

A Policía Local controlará as distraccións ao volante do 17 ao 23 de setembro

A Policía Local súmase a unha nova campaña especial de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico. Así, do 17 ao 23 de setembro, realizaranse controis sobre as distraccións na condución.

Ler máis
Outro momento da xornada.

Un simulacro de evacuación renova o Plan de Emerxencia das escolas infantís

A Rede Municipal de Escolas Infantís conta cun Plan de Emerxencia e Evacuación, que se plasma nun Manual de Autoprotección e en diversas accións de formación e simulacros de actuación, todo isto no marco do Programa Municipal de Seguridade e Autoprotección dos Centros Escolares. A Escola Infantil de Meixonfrío-Salgueiriños acolleu este mércores unha nova actividade relacionada coa mellora da seguridade dos escolares e dos profesionais do centro. Tratouse dun simulacro, necesario para saber como actuar ante unha situación de emerxencia. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu a este simulacro.

Ler máis
Un momento da gala.

A II Gala pola Seguridade Viaria pecha as actividades de Educación Viaria cos escolares de Compostela

Uns 550 nenos e nenas participaron esta mañá na II Gala pola Seguridade Viaria, a gran festa coa que remata o programa de formación que o Departamento de Educación Viaria da Policía Local desenvolveu ao longo do curso nos centros escolares de Santiago. No transcurso da gala fíxose entrega dos diplomas acreditativos aos/ás estudantes que participaron nas actividades formativas, así como dos premios aos gañadores e gañadoras do concurso de debuxo organizado pola Policía Local.

Ler máis