Entrega de bicicletas ás gañadoras do concurso de debuxo.

Máis de 500 nenos e nenas participan na I Gala pola Seguridade Viaria

Máis de 500 nenos e nenas de diferentes colexios de Santiago participaron este luns na I Gala pola Seguridade Viaria, organizada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local. Foi un evento de carácter lúdico, no que a través do humor se incidiu nas boas prácticas que todos e todas debemos ter como peóns e como condutores.

Ler máis

A Policía Local colabora coa campaña de control de alcoholemia e drogas da DXT

A Policía Local de Compostela vai colaborar coa Dirección Xeral de Tráfico na campaña de control da taxa de alcoholemia e drogas que se vai desenvolver en todo o Estado do 5 ao 11 de xuño.

Ler máis
Outro momento da rolda de prensa.

Uns 500 nenos e nenas participarán o 5 de xuño na I Gala pola Seguridade Viaria

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e a oficial Diana Parente, responsable do Departamento de Educación Viaria da Policía Local, presentaron a I Gala pola Seguridade Viaria, que se celebrará o luns 5 de xuño ás 10:30 horas, no Auditorio de Galicia. Participarán uns 500 rapaces e rapazas de 4º de Primaria e haberá humor, improvisacións escénicas, premios e a entrega de diplomas pola participación nas actividades formativas sobre seguridade viaria impartidas pola Policía Local.

Ler máis

A Policía Local inicia unha campaña informativa sobre o uso correcto dos sistemas de retención infantil

O Departamento de Seguridade Viaria da Policía Local pon en marcha unha nova campaña de concienciación, desta vez para informar do uso correcto dos Sistemas de Retención Infantil. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que "aínda que a inmensa maioría das nais e pais utilizan as cadeiras específicas para levar aos seus fillos e fillas nos vehículos, aínda son moitos os que non as usan do xeito máis acaído" . Na presentación da campaña, o edil estivo acompañado por Diana Parente, oficial da Policía Local que está á fronte do Departamento de Seguridade Viaria.

Ler máis

Aprobadas as normas de seguridade para as cacharelas de San Xoán

A Xunta de Goberno aprobou hoxe as normas de seguridade para a celebración das cacharelas de San Xoán tanto en espazos públicos como privados. Estas normas fanse extensivas á celebración de cacharelas durante todo o mes de xuño, sexa a noite do 23 ou calquera outro día. A celebración das cacharelas/sardiñadas na vía pública está suxeita á corresponde autorización. As que se desenvolvan en terreos de propiedade privada deberán presentar comunicación previa da actividade.

Ler máis