Novas

Inicio » Novas » A Policía Local de Santiago custodia máis dun milleiro de obxectos perdidos

A Policía Local de Santiago custodia máis dun milleiro de obxectos perdidos

27/12/2016

A Policía Local de Santiago custodia nas súas dependencias da Costa do Cristo máis dun milleiro de obxectos perdidos, á espera de seren entregados aos seus propietarios. Os teléfonos móbiles son maioría na lista de pertenzas extraviadas, na que tamén figuran numerosas carteiras, documentación e maletas.



A Policía Local explica que ten a obriga de custodiar os obxectos perdidos durante un período de dous anos. A partir de aí, pasan a ser propiedade municipal e poden ser sometidos a poxas cuxos ingresos van parar á tesourería do Concello.

Ademais de ducias de teléfonos móbiles, a Policía Local ten almacenados outros obxectos máis inusuais, que van dende un violín ata un berce de viaxe, pasando por unha caixa de ferramentas, unha bombona de camping gas, sobres con diñeiro e mesmo algún audífono. Tamén é moi frecuente que aparezan bicicletas extraviadas, que nalgúns casos a Policía Local relaciona con peregrinos que puideron deixalas abandonadas despois de chegar á cidade percorrendo o Camiño de Santiago.

Para recuperar os obxectos perdidos, a Policía solicita que se acredite a súa propiedade dalgún xeito, ou que se faga unha descrición detallada que permita deducir que a persoa que o reclama é realmente o seu propietario.







Compartir: