Obxectos perdidos

Inicio » Atención cidadá » Obxectos perdidos »

¿Que hai que facer se atopa un obxecto?

Se encontra un obxecto perdido pode entregalo a un axente de policía ou na propia Oficina de Obxectos Perdidos da Policía Local.

Despois de rexistralo e clasificalo, intentarase localizar a persoa propietaria e, se non é posible, despois dunha semana enviarase á administración ou concello da súa procedencia, se consta.

Transcorridos dous anos desde a súa publicación, todos aqueles obxectos que non fosen reclamados ou cuxo propietario nos se localizara poden ser recuperados pola persoa que os atopou. Se esta non está interesada pasan a pertencer ao Concello que os destina aos fins que considere máis oportunos.

¿Que podo facer se perdín un obxecto neste concello?

Se perdeu un obxecto no municipio de Compostela pode poñerse en contacto coa Oficina de Obxectos Perdidos no teléfono 981 543 037 de luns a venres en horario de 9h a 14h. 

Nesta páxina pode ver unha listaxe dos obxectos atopados a través do buscador definido por categorías. Esta relación renóvase diariamente coa finalidade de que aquelas persoas que perderan un obxecto poidan coñecer os que están nas dependencias policiais por se algún deles fose da súa propiedade.

Ademais, na solicitude de información pode deixar os seus datos para  recibir unha comunicación en caso de que o obxecto que busca sexa entregado nestas dependencias posteriormente.

INFORMACIÓN PARA A RECUPERACIÓN DOS OBXECTOS PERDIDOS
Se na listaxe exposta atopa algún obxecto extraviado da súa propiedade pode solicitar a súa devolución na Oficina de Obxectos Perdidos, ben acudindo ás dependencias policiais situadas no edificio do Concello ou cubrindo o formulario que contén esta mesma páxina. Deberá identificarse mediante un documento oficial e indicar o número de referencia asociado ao obxecto perdido.

No caso de obxectos de gran valor como xoias ou material informático requirirase acreditar a propiedade.

Para os teléfonos móbiles será necesario presentar a caixa ou a factura onde apareza reflectido o número IMEI.

Así mesmo, se desexa deixar os seus datos de contacto para a posible recuperación do seu obxecto extraviado pode cubrir o formulario anexo e especificar cunha mensaxe as súas características.